Lugo, 10 de xaneiro de 2023. Socialistas e nacionalistas conseguiron agravar o problema da mobilidade en Lugo coa creación do carril-bici. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, destaca que, fronte ao agravamento do problema, o goberno da Deputación intenta lanzar unha cortina de fume creando aos lucenses falsas expectativas sobre a apertura dun aparcadoiro de uso libre nos terreos de Santa María, no entorno do Centrad, con acceso e saía pola rúa Chantada.
Castiñeira sinala: “A realidade do aparcadoiro do Centrad, que son instalacións da Deputación de Lugo, son, en primeiro lugar, as fochancas e o pavimento absolutamente desgastado e abandonado polo departamento de Vías e Obras, por parte de José Tomé. Segundo. En segundo lugar, as portas seguen pechadas e a licitación para acondicionar o aparcadoiro quedou deserta no pasado mes de setembro; terceiro, a realidade son tamén as falsas expectativas que crearon os bipartitos, tanto no Concello como na Deputación, e as guerras internas do PSOE e o BNG”. Neste sentido lembra que o Bloque refírese agora ao presidente da Deputación como “ese señor de Monforte”.
Os populares din que “a realidade é a falta de mobilidade, un problema que ten a cidade de Lugo creado única e exclusivamente polo bipartito PSOE-BNG, que fan as cousas sen ter estudado antes cales son as súas consecuencias”. Castiñeira ten claro que “o do aparcamento do Centrad non deixa de ser unha cortina de fume máis”, motivada “polo medo que crean en socialistas e nacionalistas as boas expectativas en relación coa candidatura de Elena Candia e sobre todo agora que rematan as lexislaturas e se ve que as cousas non funcionaron nin na Deputación nin non Concello”.
No PP destacan que este asunto pon de manifesto “as leas entre gobernos que ao final acaban prexudicando e creando falsas expectativas aos veciños da cidade de Lugo”.