Partido Popular de Lugo

Katy Varela denuncia a “pasividade” de Tomé ante o atraso de máis de dous anos do proxecto da autovía A-76 na circunvalación de Monforte

Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2023. A presidenta e portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, denuncia a pasividade do alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, ante os sucesivos atrasos do proxecto de trazado e construcción da autovía A-76 Ponferrada-Ourense no tramo enlace Monforte Este-Babela (Distriz). A redacción da proposta técnica deste tramo, dunha extensión de 7,7 kilómetros, na actual estrada N-120, permanece sen rematar a finais de 2022, o que suporía un retraso de máis de dous anos sobre o prazo contractual previsto.


Varela súmase deste xeito á iniciativa presentada en forma de pregunta ao Congreso dos deputados presentada polos deputados populares por Lugo e Ourense en demanda de resposta ao grado de execución deste proxecto á data 31 de decembro de 2022 referida ao tramo da A-76 na circunvalación de Monforte.


A pregunta está firmada polos deputados do Partido Popular no Congreso por Lugo, Jaime de Olano Vela e Joaquín García Díez e por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Belén Vázquez Blanco. O texto recorda que o Goberno central sacou a licitación o 11 de novembro do 2017 a redacción dos proxectos de trazado e construción da variante de Monforte da referida autovía.


Once meses despois, o 7 de setembro do 2018, o Ministerio de Transportes publicaba no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución dese concurso. De acordo coas condicións daquel contrato, a empresa elixida tiña 18 meses para terminar o traballo e os proxectos deberían estar entregados o 7 de marzo do Ante a pregunta dos deputados do PP o 30 de xuño de 2021 o Goberno respondeu que “que a redacción dos proxectos de trazado e construcción deste tramo que une Monforte Este-Babela de la autovía A-76 permanece sen rematar”. A demanda do PP recorda ademáis que xa en 2004 o PSOE presentou no seu programa a conversión da N-120, eixo viario que une as cidades de Logroño e Vigo, en autovía, no tramo que discurre desde Ponferrada hasta Monforte de Lemos.


A autovía Ponferrada-Ourense ou A-76 unirá as cidades de Ponferrada e Ourense. Formará, en conxunción coas autovías A-54 Lugo-Santiago, A-56 Lugo-Ourense e coa proxectada A-72 Monforte-Chantada, o acceso prioritario á meseta para a Galicia Central e Interior.

Mal estado da N-120
Katy Varela demanda tamén ao alcalde monfortino que reclame con urxencia o arranxo da N-120, que cada vez está en peores condicións e afecta á seguridade dos usuarios.


“As actuacións nesta vía non deben ser parches puntuais, hai que mellorala a fondo e repintar os sinais horizontais que non se ven con claridade. É a estrada principal que nos une coa meseta e unha importante saída de mercadorías do Polígono do Reboredo. Polo que, ata que se constrúa a A-76 e desposi tamén, debe estar en perfectas condicións de tránsito”, puntualiza Katy Varela.


A voceira popular no concello monfortino añade que “os últimos problemas na N-120, xurdidos estes días por mor do mal tempo, poñen de manifesto o deixamento por parte do Ministerio de Fomento e do alcalde José Tome que non prestaron atención ao lamentable estado desta importante infraestrutura”.