Partido Popular de Lugo

A Xunta de Galicia adxudicou a contratación da redacción do proxecto das obras do centro de saúde en Meira por un importe de 127.050 euros

Martes, 3 de xaneiro de 2023.  A Consellería de Sanidade publicou a adxudicación da contratación da redacción do proxecto básico e de execución para a obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira, na provincia de Lugo, por un importe de 127.050 euros. Estas obras englóbase dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria que elaborou a Xunta de Galicia para reforzar os servicios sanitarios nos vindeiros anos.

Con esta obra, o executivo galego Liquidará as necesidades de espazo coa dotación dunha consulta de enfermería de pediatría, unha sala de toma de mostras, unha de técnicas, unha sala polivalente, así como mellorar a área de admisión e crear un área de persoal, con sala de estar, biblioteca e vestiarios. Ademais, se pretende mellorar as instalacións do PAC na recepción, sala de espera, área de persoal e unha sala de críticos.

Desde o grupo municipal popular lévase tempo reclamando a mellora das instalacións do centro de saúde e a súa ampliación. O voceiro dos populares, Carlos Veiga, agradece a Xunta o seu compromiso, pois a principios do ano pasado o executivo galego accedeu ás peticións do grupo municipal para incluír no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria o centro de Saúde de Meira. “Grazas a esta aportación poderase mellorar os servicios sanitarios para os veciños e veciñas dun total de seis municipios”, engade Veiga.

Por outra banda, o voceiro explica que “suporá un importante beneficio para os profesionais e pacientes. Non solo de Meira, xa que este centro é tamén o PAC de referencia paralos municipios dol entorno, como A Pastoriza, A Pontenova, Ribeira de Piquín y Riotorto”. Neste sentido, o número de tarxetas sanitarias adscritas a esta infraestrutura sanitaria sitúase en torno ás 1.780 como centro de saúde e 10.000 como PAC.

APOSTA DA XUNTA POLA MELLORA DA SANIDADE E DOS CENTROS DE SAÚDE

As contas do Goberno galego para o exercicio do 2022 incluíu 2,65 millóns de euros para licitar as obras de reforma de centros de saúde que figuren na prioridade 1 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria entre o que se atopa o de Meira; ademais doutros centros da provincia, como a construción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón en Lugo, o de Pantón e o de Ribadeo