Partido Popular de Lugo

Balseiro reproba que os socialistas lucenses “menosprecen” o proxecto de Altri que o Goberno que presiden pretende trocear

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022. O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, reprobou que os socialistas lucenses “menosprecen” a iniciativa para a posta en marcha da futura fábrica de fibras téxtiles de Altri, en Palas de Rei, e pediu que o Goberno de Pedro Sánchez aclare se finalmente “se vai a situar ou non a favor deste proxecto”.

Así o asegurou o deputado durante a sesión da Comisión de Industria do Parlamento galego onde se debatía unha iniciativa sobre eólica mariña pero durante a cal, de xeito paralelo, xurdiu o debate sobre o proxecto estratéxico que aspira a poñerse en marcha na Ulloa.

Balseiro censurou a actitude dos deputados do PSOE nesa Comisión -os lucenses Patricia Otero e Martín Seco- que durante as súas intervencións aseguraron que o proxecto de Altri era un “bluf”, en claro desprezo desta iniciativa empresarial.

O deputado popular censurou as palabras dos parlamentarios socialistas é afirmou que son unha “aberración” pero que explican o feito que de o Goberno socialista central pretenda “dividir en 17 proxectos esta iniciativa” como condición para que poida acceder aos fondos europeos (Pertes)

Balseiro sostén que coa posta en marcha da futura fábrica de fibras téxtiles de Altri esta empresa ten amosado o seu firme compromiso con Lugo e sinala que é un proxecto “estratéxico e irrenunciable” para a provincia, para Galicia e para o sector forestal.

“Se o Goberno central non axiliza a asignación dos fondos europeos e non presta a atención que se merecen proxectos transformadores como este, corremos o serio risco de perder a oportunidade dos fondos Next Generation para modernizar e dar músculo ao tecido industrial da nosa terra. O caso de Altri é un bo exemplo. Falamos dun proxecto que se está preparando para marcar a transformación industrial da provincia de Lugo e de Galicia en xeral durante as próximas décadas”, conclúe Balseiro.