Partido Popular de Lugo

Os senadores do PP critican a lentitude do Goberno en evacuar de Perú aos españois, en concreto a tres lucenses da Pobra do Brollón

Lugo, 21 de decembro de 2022. Os senadores do PP por Lugo, Rosa Arza, José Manuel Barreiro e Manuel Lorenzo Varela seguiron con atención os problemas dos cidadáns españois para regresar de Perú debido á difícil situación pola que atravesa este país. E seguiron con moi especial atención a situación vivida por tres lucenses da Pobra do Brollón. Os senadores presentaron no seu momento unha batería de preguntas ao Goberno presidido por Pedro Sánchez e, unha vez que os tres lucenses regresaron a España, formulan outras cuestións ao Executivo español.

Arza, Barreiro e Manuel Lorenzo Varela sinalan que “os tres lucenses que permaneceron durante días atrapados en Perú por fin puideron volver ao seu domicilio, na Pobra do Brollón, pero o alivio que agora senten non é comparable coa incerteza que viviron durante as dúas semanas que permaneceron atrapados en Arequipa”.

Os mesmo populares destacan a incerteza que sufriron ante a falta de respostas da Embaixada Española e “os gastos engadidos que tiveron que afrontar, do seu propio peto, ao perder todos os voos e demais conexións que tiñan contratadas”. Aseguran que os afectados víronse “obrigados a facer presión a través das redes sociais para que o Goberno de España lles facilitase algunha solución”. Indican que os lucenses afectados “foron coñecedores de primeira man de que cidadáns alemáns xa estaban a ser evacuados, cando aos españois o Goberno central respondíalles que tiñan que esperar”.

Os senadores populares queren saber se o Goberno de España fixo todo o posible para evacuar aos lucenses atrapados en Arequipa no menor tempo posible. Preguntan se “o Goberno de España considera que a resposta da Embaixada foi apropiada e coherente coa situación que estaban a vivir os lucenses en Perú”. Arza, Barreiro e Manuel Lorenzo poñen de manifesto que foi unha intervención inoperativa e ineficaz ao tardar tantos días en evacuar aos lucenses atrapados en Perú. Queren saber tamén que vai facer o Goberno de España para compensar a estes tres lucenses que tiveron que afrontar gastos extraordinarios pola noites de hotel debido á longo espera para ser evacuados.