Partido Popular de Lugo

O PP de Pol valora positivamente o servizo de Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia no municipio xa que atendeu nestes días a máis de medio centenar de persoas 

Lugo, 21 de decembro de 2022. A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia traballou para traer a Pol a unidade móvil de Coidados Porta a Porta. Desde o PP de Pol valoran positivamente a chegada desta iniciativa ao municipio xa que atendeu a máis de medio centenar de persoas en dous días. Para a presidenta do PP local, Nicole Grueira, este programa supón “un servizo de proximidade e de atención individualizada, o que permite unha mellora gradual dos servizos sanitarios e sociais”.

“Seguimos traballando para acercar servizos sociais e sanitarios aos veciños. Todos defendemos e cremos na sanidade pública e nos sanitarios e, precisamente gracias á Xunta de Galicia, é o que está a acontecer co programa Coidados Porta a Porta” apunta Grueira.

A presidenta explica que o autobús de ‘Coidados porta a porta’ ofrece ás persoas maiores de 55 anos, e con cita previa, servizos de estimulación da memoria (estimulación cognitiva, funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables), podoloxía (consulta básica, valoración do estado xeralizado do pé e eliminación de durezas ou calosidades) e audioloxía (consulta básica, exploración funcional de audición e prevención da perda auditiva).

Ademais, a popular destaca “a comunicación directa entre os centros de saúde e os Coidados Porta a Porta” co obxectivo de axilizar e facer un tratamento máis preciso aos veciños do municipio.

COIDADOS PORTA A PORTA EN POL

O camión que serve como punto de atención deste programa estará hoxe por último día no centro de Mosteiro. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao teléfono 622 74 82 83 ou no 623 54 69 92.