Partido Popular de Lugo

José Manuel López Rodríguez é o novo candidato do Partido Popular á alcaldía de Guitiriz

Guitiriz, 20 de decembro de 2022. O presidente local do PP de Guitiriz, José Manuel López Rodríguez, é o novo candidato do PP á alcaldía de Guitiriz tras unha reunión de afiliados e simpatizantes celebrada na tarde de onte. Neste encontro participaron membros da dirección provincial do partido, entre eles, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro Ourol, e varios alcaldes de concellos limítrofes a Guitiriz.

O coordinado xeral explicou que o obxectivo nestas vindeiras eleccións municipais e recuperar o goberno en Guitiriz. “A diferencia de votos é mínima, por iso cremos que con traballo serio e con rigor podemos lograr” e, para iso, amosa o seu total apoio ao candidato pois “ten un proxecto serio que devolverá á estabilidade a Guitiriz”.

López Rodríguez, popularmente coñecido como Portolamas, preséntase á alcaldía convencido de que o goberno local supuxo catro anos perdidos para o concello. “Dóeme ver como a alcaldesa abandonou o noso concello durante os últimos catro anos. Os nosos veciños merecen un concello que atenda todos os días do ano e no os deixen abandonados ata os días antes das eleccións.

O alcaldable mantívose crítico co actual goberno do PSOE que “estivo nefasto na xestión durante todo o mandato”. Como exemplo, o saneamento das augas residuais e os ríos: “O sumidoiro do río Forxá segue a verte ao río cando chove e un pouco máis adiante é un lugar onde se capta auga para os veciños do concello. Unha auga que entendemos que non ten ningunha supervisión nin control sanitario”. 

ABANDONO DO RURAL 

O popular destaca a importancia de preservar o rural e de impulsar o seu desenvolvemento, pois é o principal tecido económico de Guitiriz. “A xestión do PSOE nestes últimos anos foi pésima, nos últimos 20 anos o noso concello sufriu un descenso demográfico de máis de 700 habitantes e non se toma ningunha medida ao respecto”, di López Rodríguez. Neste senso, destaca tamén a necesidade de aumentar os médicos no rural, ampliar as prazas MIR de atención primaria -separándoas das urxencias-, para contratar sanitarios para postos de difícil cobertura e defender a permanencia dos dous centros de saúde para seguir tendo PAC, ambulancia e ATS de urxencias.

Por outra banda, o alcaldable resalta que un dos asuntos máis necesarios é a mellora e ampliación de servizos de axuda no fogar, cento de día e o PAI, aplicando recursos e con un trato digno dos recursos humanos. “A atención aos noso maiores é un asunto primordial para o noso grupo” di López Rodríguez.

PROMESAS BALEIRAS

A conservación e rehabilitación da Casa da Botica, edificio emblemático no municipio, foi unha das primeiras promesas polas que apostou Regina Polín ao chegar á alcaldía. Primeiro tentou comprala, pero por erros de xestión finalmente exprópiase. Na súa segunda etapa, prometeu tamén recuperar o proxecto en 2019 a Deputación contrátao. En 2019, cede a cabeza de lista a actual alcaldesa, e coma sempre, por mala xestión e falta de previsión o mal tempo provocou que o edificio terminara en ruínas. “Tres lexislaturas ca mesma promesa e agora son todo escombros. Aseméllase moito ás medidas que toma este goberno”, di o candidato popular.