Lugo, 19 de decembro de 2022. A Letrada das Corteis Xerais do Estado e académica correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, a galega Raquel Marañón, ofrecerá este venres 23 de decembro a partir das oito do serán unha conferencia dentro do #EspazoAbertoPopular que leva por título ‘Valores y retos de futuro de la Constitución de 1978’. Continúa así o PP da provincia de Lugo abrindo a súa sede aos lucenses ao mesmo tempo que ofrece recursos e información útil; neste caso, sobre “como se estrutura o Dereito no noso país e que principios e valores recolle a Constitución Española para poder defendelos”.
Raquel Marañón avanza, nese sentido, que “abordaremos de forma didáctica os aspectos máis importantes que recolle a Constitución Española. Por un lado, a forma na que se estrutura a división de poderes lexislativo, executivo e xudicial. Por outro, os valores superiores de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo político. E tamén os principios xerais da organización territorial do Estado -en municipios, provincias e Comunidades Autónomas-: unidade, autonomía, solidariedade e igualdade”.
O secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, salienta que “o Partido Popular defende a esencia da Constitución, un documento clave e vital” e explica os motivos polos que o PP da provincia considera interesante ofrecer agora esta conferencia coa que “recordar e explicar os principios e valores da Constitución Española da man dunha persoa que pertence ao corpo elite da Administración que ten como obxecto velar porque a tramitación das leis sigan as canles legais”.
ATAQUE DO GOBERNO Á CONSTITUCIÓN
“Nestes momentos, máis que nunca, hai que defender o marco constitucional de forma clara e nítida fronte a un Goberno que toma decisións que non se axustan a el”. Nese sentido, Vázquez Nodal apunta varios exemplos. “A Constitución está sendo atacada polos partidos independentistas coa connivencia do Goberno bipartito PSOE-Podemos de forma que pon en entredito o principio de integridade territorial”, segundo apunta o popular. Igualmente, sinala que “a modificación do delito de sedición ou do de malversación ata á Constitución porque permite que certas persoas teñan privilexios con respecto ás demais”. Vázquez Nodal tamén cita como exemplos de ataque á Constitución por parte do actual Goberno central: “a forma de xestionar a pandemia a través dun estado excepción encuberto, a defensa; a defensa dun Estado federal cando España é un Estado autonómico; o impulso dunha lei de educación que elimina a liberdade para elixir centro educativo por parte das familias ou a forma de elixir aos membros do Tribunal Constitucional”, por exemplo.
Así mesmo, o popular recorda que “decembro é un mes importante para a Constitución Española ratificada polo pobo español o 6 de decembro de 1978, publicada no BOE o día 27 ata que, finalmente, o día 29 entraba en vigor”.
CURRÍCULO DA RELATORA
Raquel Marañón Gómez (Santiago de Compostela, 1979) é Letrada das Cortes Xerais desde o 1 de febreiro de 2008, sendo a número un da promoción. Tamén é académica correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
É licenciada en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED, diplomada en Criminoloxía pola USC e DEA en Estudos Europeos pola Universidade Complutense de Madrid.
Na actualidade, dende outubro do 2021, é Directora de Presupostos e Contratación do Senado, letrada da Comisión de Transición Ecolóxica do Senado e letrada da Comisión de Dereitos da Familia, Infancia e Adolescencia do Senado. Previamente, entre o 2013 e o 2021, exerceu como Secretaria General da Asamblea de Madrid.
Ten exercido funcións como Letrada da Dirección de Asistencia Parlamentaria do Congreso dos Deputados, Letrada adscrita ao gabinete do Secretario General do Congreso dos Deputados en Presupostos e Contratación e na asesoría xurídica da Xunta Electoral Central. Así mesmo, na IX Lexislatura foi Letrada da Comisión de Vivenda do Congreso dos Deputados, Letrada da Comisión Mixta para o Cambio Climático e Letrada da Comisión de Interior do Congreso dos Deputados.
Tamén ten colaborado en traballos universitarios, ten formado parte de varios tribunais de oposición e participado en diferentes seminarios e numerosas publicacións relacionadas coa Xurisprudencia Constitucional, dereito parlamentario, autonomía orzamentaria ou sobre oposicións, entre outros temas relacionados.