Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2022
- Ao respecto do anuncio de que Monforte de Lemos será a sede do primeiro centro de ciberseguridade de Renfe, o Partido Popular de Galicia lamenta que esta noticia non vaia acompañada das actuacións precisas para reverter a “desconexión ferroviaria” á que Sánchez, da man do Goberno central, somete a Galicia e en especial á provincia de Lugo
- Os populares consideran neste sentido que “de nada vale un centro de ciberseguridade se nin o concello de Monforte nin a provincia contan con boas conexións ferroviarias co resto de cidades galegas e con España”
- Lamentan así mesmo o “partidismo” deste anuncio, xa que nin o Goberno galego da Xunta tiña coñecemento previamente nin se contou no acto con ningún representante do Partido Popular: “Constatamos unha vez máis que os altos cargos de Pedro Sánchez, mesmo galegos, seguen estando en Galicia pero non con Galicia”
- Desde o PPdeG sosteñen que “a aposta pola conectividade de Galicia e de Lugo demóstrase con investimentos necesarios e non con anuncios”, facendo referencia así á “incongruencia” que supón esta nova co feito de que nos Presupostos Xerais do Estado para 2023 non se contemplen nin as variantes de trazado nin a conexión por alta velocidade de Lugo
- Os populares lembran, ademais, a listaxe de incumprimentos e demora que acumula a alta velocidade en Galicia, sobre todo a chegada dos trens Avril, anunciada para o pasado verán.