Partido Popular de Lugo

O PP de Pol insta ao goberno local a invertir no mantemento das estradas e vías municipais para garantir unha circulación segura aos veciños do municipio

Pol, 9 de decembro de 2022. O Partido Popular de Pol reclamou no último pleno máis inversión no mantemento das estradas para o municipio, un servicio necesario e demandado polos veciños para garantir a correcta circulación viaria.

A presidenta dos populares, Nicole Grueira afirma que a mellora das vías municipais é urxente ante o mal estado no que se atopan e impiden o correcto funcionamento da circulación viaria para turismos, tractores, transportes escolares ou servicios médicos. Neste sentido, a popular manifesta que na actualidade o estado das vías supoñen “un prexuízo notable para os veciños na súa rutina diaria e supoñen un risco no caso de calquera emerxencia que puidera acontecer”.

Desde o grupo municipal popular consideran que goberno local segue a ser protagonista unha vez máis pola súa mala xestión administrativa e política, desgobernando en contra da veciñanza. Os populares non entenden que desde o goberno local malgasten o diñeiro de todos os veciños asignado o diñeiro público de maneira irracional.