Partido Popular de Lugo

O PP da Fonsagrada cre que o PSOE recorre de novo ao anuncio da construción do cuartel da Garda Civil con fins exclusivamente electorais

A Fonsagrada, 1 de decembro de 2022. A construción do novo cuartel da Garda Civil é unha vella aspiración no municipio de A Fonsagrada, pero ata agora unicamente se viron promesas dende que o PSOE asumiu á alcaldía. Así o sinala o portavoz popular, José Luis Regueiro, que se mostra escéptico diante do anuncio efectuado recentemente polo alcalde en canto á reanudación dos trámites para levantar o novo edificio.

Regueiro sinala: “Claro que sería bo para o Concello que se construíra o cuartel da Garda Civil. Pero, a estas alturas, só podemos recibir con total escepticismo as novas transmitidas polo alcalde, porque din o mesmo que todas as promesas que veñen repetindo unha e outra vez cando se achegan eleccións dende que o PSOE se fixo coa alcaldía de A Fonsagrada”.

Tamén sinala Regueiro: “Chamounos a atención o feito de que o alcalde (PSOE) ande a dicir que conseguiu desbloquear en Madrid os trámites para o novo cuartel. Tendo en conta que os gobernos da Fonsagrada e de España son da mesma cor política, pouco di a favor do alcalde que este asunto estivese bloqueado, porque só se pode desbloquear aquelo que está bloqueado”. Engade: “Aínda así, os veciños da Fonsagrada non nos fiamos nada de nada destes anuncios, porque xa chove sobre mollado e son moitas as veces nas que, dunha maneira o doutra, se nos prometeu o mesmo e aínda estamos así, sen que estea redactado o proxecto definitivo”.