Partido Popular de Lugo

O PP de Samos demanda a limpeza das cunetas das estradas municipais, para ganar seguridade vial e para a mellor conservación das calzadas

Samos, 30, novembro de 2022. O estado das infraestruturas viarias está directamente relacionado coa seguridade. Para manter en bo estado as calzadas das estradas é condición necesaria que os elemento que permiten a eliminación de auga, como é o caso das cunetas, estean nas debidas condicións. A inexistencia de cunetas ou o seu mal estado provoca o deterioro das calzadas e, como consecuencia, aumenta o risco para os usuarios das vías públicas. Así o indica o portavoz popular en Samos, José Fernández, que defenderá unha iniciativa na próxima sesión plenaria para que o Concello mellore as cunetas nas súas vías.

A iniciativa dos populares de Samos refírese en concreto a estrada municipal que dende a LU-633 comunica Vilachá, Gorolfe e Gontán. Neste caso e á vista do estado actual, parece que o Concello non procedeu a limpar as cunetas ao longo de anos. Debido a elo, cando chove a auga corre pola calzada nalgúns tramos e provoca o seu rápido deterioro.

O portavoz popular espera que o alcalde, o socialista Julio Gallego, atenda a súa solicitude, porque suporá aforro para o Concello ao prolongar a vida da calzada e máis seguridade tanto para os automobilistas como os peóns que circulan polo tramo indicado.

Servizo de limpeza

Por outro lado, o portavoz popular, José Fernández, pregunta ao goberno local en que momento se atopan os trámites para a renovación do contrato para a recollida do lixo no municipio.