Burela, 25 , novembro de 2022. No ano 2021 o goberno local de Burela anunciou axudas a entidades deportivas do municipio por valor de 33.900 euros para facer fronte ao parón provocado pola pandemia do Covid-19. O voceiro do grupo popular, Manuel Rouco, denuncia que “o anuncio de 33.900 euros sitúanos unha vez máis á cola dos concellos da Mariña no reparto de axudas a entidades deportivas en relación a aqueles que deberían ser a nosa referencia”.
Neste sentido, Rouco refírese a municipios como Viveiro ou Ribadeo que por poboación e actividade económica teñen similitudes á hora de afrontar a repartición de axudas. “Lonxe da nosa cifra quedan os 96.000 euros anunciados por Viveiro ou os 43.000 euros anunciados por Ribadeo”, explica o voceiro.
O popular apunta que “é incomprensible esta situación”. A localidade conta con numerosas escolas deportivas con centos de nenos e nenas participando en diferentes actividades relacionadas con este mundo e, ademais, “somos o concello máis rexuvenecido da Mariña”.Por outra banda, Manuel Rouco recorda que “hai ven pouco contábamos con dous equipos na máxima categoría nacional na súa actividade deportiva. O voceiro destaca a referencia de Burela no fútbol sala que ata a tempada pasada contaba co equipo feminino e masculino na máxima categoría. Por contra, en Cervo, o Candelaria S.D, un equipo de segunda rexional, recibe 22.000 euros en axudas