Partido Popular de Lugo

Otero: “O alcalde Arias prefire dispoñer de cartos para botar grava onde lle interesa electoralmente que promocionar debidamente o solo industrial»

Castroverde, 24, novembro de 2022. O ano 2023 é ano de eleccións locais e o alcalde de Castroverde, José María Arias, prepara o terreo para dispor de recursos municipais para obter réditos electorais. Así o entende o portavoz do PP, Rubén Otero, á vista da modificación de crédito que o goberno local levará ao próximo pleno, co fin de traspasar cartos previstos para a promoción do solo industrial e do asentamento de novas empresas a, entre outros fins, mellora de estradas municipais.

Rubén Otero explica: “O goberno de Castroverde non promociona debidamente o polígono industrial e, polo tanto, nada fai realmente para atraer novas empresas e crear así riqueza e emprego no municipio. Como fai moito menos do que debería neste terreo, agora que chegamos á final de ano traspasa case 46.000 euros que tiña previstos para a promoción da industria en Castroverde a outros fines, entre eles, a mellora de estradas”. Para o portavoz popular, “non é coincidencia que non se gaste todo o consignado para promocionar a industria en Castroverde e, achegándonos ao período electoral, se pasen os cartos sobrantes dos previstos para dito fin a botar grava alí onde lle interese politicamente ao alcalde, porque é o que estou seguro que vai ocorrer”.