Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo convida a todos os lucenses ao Magosto popular que se celebrará este sábado no Torre de Nuñez

Lugo, 23 de novembro de 2022. O Partido Popular da provincia de Lugo convida a “a todo o mundo” a participar no Magosto Popular que se celebrará este sábado 26 de novembro ás 18 horas no restaurante Torre de Núñez. Ao acto asistirá a presidenta provincial popular, Elena Candia, así como distintos alcaldes e cargos orgánicos do partido. 

A coordinadora de reto demográfico dos populares, Sara Ruiz, apunta que este evento “é moi importante para a nosa provincia polos distintos puntos de vista que poden aportar as persoas que participan”. Neste encontro celebrarase unha mesa redonda con alcaldes e portavoces na que se proporán distintas preguntas para comprobar o impacto demográfico nos últimos anos na provincia de Lugo e os ámbitos nos que se pode mellorar. 

Programación extensa e variada

Esta actividade da comisión de demografía do PP da provincia de Lugo englóbase dentro da extensa programación de actos que se está levando a cabo polo partido ao longo do último ano a través das distintas comisións. 

O venres da semana pasada, a través de #EspazoAbertoPopular, tivo lugar unha charla de influencers con Matty Sánchez e Xurxo Carreño na que se abordaron temas ao redor do mundo das redes sociais, a creación de contido e a interacción eficaz cos usuarios.