Partido Popular de Lugo

Constituída a xestora do PP da Ribeira de Piquín que ten como obxectivo “escoitar os problemas dos veciños para traballar polo noso concello”

Ribeira de Piquín, 20, novembro de 2022. A xestora do PP da Ribeira de Piquín presidida por Jose Osorio Fernández ´Castro`quedou constituída nunha reunión celebrada este sábado e na que participou o coordinador xeral e portavoz provincial do PP, José Manuel Balseiro. A agrupación local ten como obxectivo “escoitar os problemas dos veciños para traballar polo noso concello”.

A dirección provincial continúa fortalecendo as agrupacións municipais con equipos de traballo para “ser alternativa nas vindeiras eleccións do 2023”. Neste sentido, agradécelle a todos os integrantes da xestora “o seu compromiso de traballo pola Ribeira de Piquín”.

Despois de ser nomeado fai uns meses presidente da xestora, Castro deu a coñecer os nomes que conformarán o seu equipo de traballo: Alba Carrín Méndez, Marcos Pin Fernández, Óscar Díaz Gómez e Manuel Pedrosa Gacio. O PP local traballará co obxectivo de conseguir a alcaldía que sempre ocupou a formación popular ata os últimos sete anos. “Contamos cunhas persoas que se unen a un proxecto co que construír un mellor futuro para o noso concello”, manifestou Castro.