Partido Popular de Lugo

O PP de Pol esixe ao goberno local que se responda á petición do informe técnico sobre a elaboración do inventario de camiños municipais

15 de novembro de 2022. O PP de Pol esixe unha resposta por parte do goberno local ante a solicitude presentada polos populares na que piden un informe técnico sobre a elaboración do inventario de camiños municipais xa que “hai erros e incoherencias notables”.

O pasado 29 de setembro, o concelleiro do grupo popular de Pol, Enrique Rodríguez, presentou vía electrónica esta solicitude e “ata o día de hoxe seguimos sen resposta e sen saber nada do estado desta solicitude”. Os populares apuntan que o día 20 de outubro fixeron unha reiteración desta solicitude e “despois de varias chamadas ao concello a resposta segue sen aparecer e onte volvemos a preguntar e continúan na súa negativa”.

Neste sentido, desde o grupo municipal denuncian a actitude do goberno municipal mostras claras de “despotismo e deixadez da corporación local” que repercute negativamente nos veciños de Pol

Incumprimento coa Lei da Administración Local de Galicia

Con esta Lei de Administración Local de Galicia, téntase facer fronte, dun lado, á definición do papel que a Comunidade Autónoma mesma ten en relación coas administracións locais e, doutro, á moi peculiar organización dos asentamentos urbanos en Galicia, cuxa orixinalidade precisou desde sempre un enfoque xurídico adecuado ás súas características e ao que se referiron desde diferentes perspectivas especialistas de todos os campos do saber.

Ademais, no capítulo V, sección 1ª da información aos cidadáns, artigo 252, apartado segundo, explica que todos os cidadáns teñen dereito a coñecer en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que ostenten a condición de interesados e obter copias de documentos contidos neles.