Partido Popular de Lugo

Constituída a xestora do PP de Barreiros co obxectivo de recuperar a alcaldía

Barreiros, 5 de novembro de 2022. A xestora do PP de Barreiros presidida por José Manuel Gómez Puente quedou constituída nunha reunión celebrada este venres e na que participou o coordinador xeral e portavoz provincial do PP, José Manuel Balseiro.

O equipo que dirixirá a agrupación local ata a celebración do correspondente congreso local estará integrado por oito homes e sete mulleres, que representan a todas as parroquias do municipio porque “queremos que todos os veciños se sintan representados no proxecto político do Partido Popular en Barreiros”.

O vicepresidente da xestora é Pablo Posada Rocha. Son vocais: os membros do Grupo Municipal -Mar Sante García, Sonia Piñeiro Rúas, María Concepción Fernández Iglesias e Lorenzo Penabad Bolaño- e tamén María Ramona García de Gabriel, Jesús Palmeiro Rego, José Manuel García de Gabriel, Yasmina Fernández Rivas, Juan Bautista Vila Lanzos, Juan Antonio Porteiro Sánchez, Luis Manuel Fernández Soto, Silvia Fernández Martínez e Catalina Alvite Barreira.

O presidente da xestora, Gómez Puente, indicou que traballarán ao lado dos veciños, practicando unha escoita activa, para coñecer as súas inquedanzas. “O noso obxectivo e conseguir converter en realidades as ilusións dos nosos veciños para este concello”, sinalou Gómez Puente.

RECUPERAR A ALCALDÍA

A xestora traballará para que o PP chegue forte ás municipais co obxectivo de recuperar á alcaldía de Barreiros e, dende ela, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.