Partido Popular de Lugo

Feijóo e Rueda arrouparán a Elena Candia  como candidata á alcaldía de Lugo na pulpada que celebrará o sábado o PP

Lugo, 27 de outubro de 2022. Un ano máis, a familia popular de Lugo reúnese para disfrutar dunha pulpada. Nesta ocasión será o sábado, día 29, en A Fortaleza. O presidente nacional do PP, o senador Alberto Núñez Feijóo; o presidente do PPdeG e da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, entre outros, arrouparán á presidenta provincial e candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia. Está previsto que asistan unhas 700 persoas.

A recepción dos asistentes está fixada para as 13.00 horas; trinta minutos despois comezarán as intervencións dos líderes populares. O prezo das tarxetas para asistir á pulpada é de 30 euros.

Nesta ocasión, este encontro gastronómico dos populares lucenses ten o interese engadido de producirse cando as eleccións locais xa asoman no horizonte político inmediato. É un momento no que Candia, como candidata, mantén intensos contactos con todos os sectores sociais do concello de Lugo, desenvolvendo a súa maneira de “entender a política que é aplicar o sentido común e estar aberta aos bos consellos que me dá a veciñanza”. Quere, como asegura reiteradamente, “dar protagonismo á opinión da veciñanza”.