Partido Popular de Lugo

O PP congratúlase de que a Deputación atenda a súa proposta, defendida no pleno, e incremente a súa aportación para os GES da provincia

Lugo, 21 de outubro de 2022. A decisión da Deputación de incrementar a súa aportación para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais é unha boa nova, segundo indica o portavoz popular, Javier Castiñeira. Sinala: “Dende o grupo provincial do PP congratulámonos do anuncio da Deputación de que, por esta vez, este ano si vai cumprir coa cantidade que lle pide a Xunta de Galicia para colaborar cos cinco GES que ten a nosa provincia, para poder modernizalos”.

Castiñeira explica: “A verdade é que estamos contentos porque no seu momento levamos unha moción ao pleno neste sentido, é dicir, para pedir máis implicación; eses 80.000 euros a maiores que aportará este ano a Deputación de Lugo, chegando case aos 900.000 euros, son unha boa nova”.

Os populares agradecen “ao equipo de goberno que se unise á decisión de colaborar con esa parte ao financiamento dos GES e que aceptara a proposta do PP no pleno de facelo así”. Castiñeira está convencido de que esta decisión, ao final “vai ser positiva para todos, especialmente nas zonas rurais, onde teñen máis dificultades para acceder aos outros servizos de emerxencia debido as distancias e polo illamento xeográfico”.