Guitiriz, 13 de outubro de 2022. O Partido Popular ven de nomear presidente da xestora do PP de Guitiriz a José Manuel López Rodríguez, natural de Parga (Guitiriz) e máis coñecido na zona como Portolamas.
López Rodríguez é profesor de música na especialidade de saxofonista e formou parte da Banda de Música Militar de A Coruña, así como de numerosas orquestas como Alianza, Novedades, Max-2000, Los Trovadores O Poceiro e actualmente é director Musical e saxofonista da agrupación Trébol. Ademais, é presidente da asociación galega de músicos ASARVEGAL e da Comunidade de montes veciñais de Santo Estevo de Parga.
Este nomeamento xurde tras a renuncia do presidente da agrupación local, Xosé María Teixido, e do consenso dos afiliados e co propio presidente nunha reunión celebrada recentemente coa dirección do partido provincial.
López Rodríguez explica que se tomará o tempo necesario para ter totalmente conformada a xestora do partido. Neste sentido é claro coa folla de ruta a seguir, pois a súa conformación responderá á firme decisión do presidente de incluír nela novas caras, pero tendo en conta a opinión das bases do partido de Guitiriz. Ademais, destaca que os concelleiros formarán parte do grupo da xestora polo seu labor na oposición e traballará con eles unidos e de maneira coordinada. “No tomaré ninguna decisión sin consultar las bases del partido”, recalca o novo presidente.
Por outra banda, López Rodríguez sinala que o seu labor terá como liña principal traballar por Guitiriz, estar preto dos seus veciños para defender os seus intereses e coñecer de primeira man os problemas que hai no municipio: “quiero visitar una por una las aldeas de Guitiriz y que me cuenten cuáles son los principales problemas a los que se enfrentan, así cómo saber qué está pasando con cuestiones como la desestructuración del tejido empresarial o los problemas con el agua y la sequía”.