O Vicedo, 24 de setembrode 2022.O PP de O Vicedo celebrou o seu congreso local e á súa fronte, en calidade de presidente, sigue Jesús Novo, veterano alcalde deste municipio.Na directiva popular figuran tamén Francisco Javier García Lago, José Ángel Canoura Iglesias, José Miguel Pérez Solloso, José Trasancos López, Vicente Riveira Calvo, Antonio Polo Calvo, Juan José Ruiz-Giménez Vieira, José Carreja Riveira, María Pilar Otero Insua e Jonathan Fanego Fernández. Ao congreso asistiron membros da directiva provincial do PP.
Novo, veterano presidente do partido e alcalde de O Vicedo, sinala que o seu obxectivo é seguir avanzando en proximidade aos veciños, para formar parte da solución dos seus problemas. Sempre, indica, coa disposición a sumar que é emblema do Partido Popular, e, polo tanto, buscando a forma de estar cada día máis cerca dos cidadáns. En canto aos nomes que o acompañan ao fronte do PP local, Jesús Novo, destaca o feito da incorporación dalgún mozo. Precisamente, este será un dos seus obxectivos á fronte do PP local: conseguir a incorporación ao partido de rapaces e rapazas, que sexan a garantía do futuro desta organización política no municipio.
Novo sinala: “A apertura do partido foi sempre e sigue sendo unha das miñas pretensións. Creo que ata agora o conseguimos, pero aínda temos posibilidades de mellorar neste aspecto, e farémolo practicando aínda máis a escoita activa”. Coa vista posta nas próximas eleccións locais, Jesús Novo indica que o partido traballará e reforzarase para intentar mellorar os resultados conseguidos en 2019 e ampliar aínda máis se é posible a maioría absoluta que ten o PP no Concello de O Vicedo. “Neste Concello os cidadáns confían no Partido Popular e estaremos á altura da confianza depositada en nós”, sinala Novo. Indica tamén que o PP de O Vicedo quere colaborar para que o partido chegue a gobernar na Deputación, a partir das próximas eleccións locais, e impulsar, cando cheguen as xerais, a Feijóo á presidencia do Goberno de España.