A Fonsagrada, 15 de setembro de 2022. O voceiro do PP da Fonsagrada, Jose Regueiro, solicita ao goberno local do PSOE que “faga dunha vez un convenio cunha protectora de animais para os casos de animais abandonados e perdidos”.
Recentemente, un veciño,dono de sete cans, foi ingresado nunha residencia e os animais están a vagar pola aldea de Vilarxubín en situación de abandono total. Outro dos problemas que están a aburar no concello desde fai tempo é o aumento de cans abandonados nas épocas de máis afluencia no Camiño Primitivo.
O popular lamenta que “este goberno non se preocupa por nada e a súa xestión consista nunha improvisación constante”. Regueiro recalca que no 2020 “xa fixemos un rogo no que pedíamos ao goberno local que asumira as súas responsabilidades e cumprira a lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, para o cumplimento de facer un convenio con algunha protectora de animais
A resposta do concello foi ignorar as peticións dos populares e como consecuencia “estas problemáticas agraváronse”. Sen embargo, desde o PP de Fonsagrada “seguiremos reclamando e velando polos dereitos dos animais no próximo pleno, como viñemos esixindo desde fai anos”.
Ley 4/2017
Recentemente o alcalde de Fonsagrada, Carlos López, explicou que o concello non ten convenio coa protetora de animales de Lugo polo que tiñan que “estudar outras alternativas”. Estas opcións pasan por facer convenios con centros de acollida de carácter privado, en vez de facer convenios con sociedades protectoras. Pero, segundo o artigo 6.1 da Ley 4/2017 do 3 de outubro de protección e benestar dos animais, competencias das administración en materia de protección animal, atribúese ás persoas titulares das alcaldías dos concellos de Galicia a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais incluídos no ámbito da aplicación da presente ley no seu termo municipal.