Mércores 31 de setembro de 2022.- A candidata á alcaldía de Lugo Elena Candia mantivo esta tarde unha xuntanza con afiliados e colaboradores do Partido para presentarlles a estratexia de traballo #ObxectivoLugo que desenvolverá durante os próximos meses.
Nese senso, a alcaldable popular explicou que “despois de case 25 anos de gobernos de PSOE e BNG Lugo necesita un cambio” engadindo que “estamos nun momento ilusionante e quero convidar a todos a formar parte deste proxecto”.
Elena Candia recalcou que “eu serei unha máis do equipo que alcance a maioría suficiente para gobernar o Concello de Lugo en maio de 2023” aclarando que “os éxitos do Partido Popular van ligados á movilización, a unidade e á coordinación do partido no municipio”.
A alcaldable popular tamén quixo agradecer as mostras de afecto e de apoio recibidas nos últimos días e anunciou que “intensificará a participación e o protagonismo dos afiliados e colaboradores co fin de consolidar e ampliar a estructura do partido”.
“Deseñamos unha folla de ruta moi intensa para implicar e dar unha participación real a todos os que queiran facer achegas, suxestións, críticas constructivas ou ideas innovadoras”.“Así entendo a política a calquera nivel: hai que escoitar para acertar” aclaraba Candia.
A candidata á alcaldía de Lugo do PP detallou que “ademáis de crear espazos de debate na sede que servirán para perfilar as propostas do seu proxecto de cidade, haberá moito traballo a pé de rúa” concluindo que “no Partido Popular entendemos a política como un traballo en equipo, fuximos dos protagonismos e dos sectarismos doutras formacións política”. Este traballo de debate interno e visitas de barrio e parroquias se combinará cun calendario de xuntanzas sectoriais.
Elena Candia amosou o seu convencemento de que “entre todos seremos capaces de construír un marco que traslade ilusión e futuro, queremos que vexan no PP a opción de cambio para acabar con 25 anos de bipartidismo”.
A alcaldable remataba a súa presentación aos afiliados que se deron cita na sede do PP afirmando que “estou preparada e síntome moi orgullosa de poder representar aos lucenses nas vinderias eleccións” manifestando que “asume este reto apaixoante con responsabiliade, compromiso e humildade”.