Partido Popular de Lugo

Os senadores lucenses do PP solicitan unha vez máis ao Goberno central o restablecemento da oferta ferroviaria suprimida pola pandemia

Lugo, 17 de agosto de 2022.No ano 2020 a operadora pública Renfe eliminou, coa escusa da pandemia, varias liñas que conectaban Galicia con outros puntos de España. Dous destes exemplos son as demandadas liñas entre Galicia e o País Vasco e o tren nocturno Galicia-Barcelona.

Por iso, desde o Partido Popular levouse ao Parlamento galego unha iniciativa onde se esixe o restablecemento completo da oferta ferroviaria suprimida a pesar de que o Goberno central afirma que non hai demanda.

Dous anos despois da pandemia é imposible saír de Galicia en tren pois as prazas dos trens están completas durante o mes de agosto. Non é posible viaxar desde Santiago a Barcelona ata o día 5 de setembro e tampouco hai opcións viables en chegar ao País Vasco pois a liña suprimiuse.

Abandono do Goberno central

A senadora lucense, Rosa Arza, plantexou unha serie de preguntas para que o Goberno explique por que Renfe non contempla a opción de activar reforzos pese á gran demanda de servizos ferroviarios, pois non só son as liñas afectadas as de Galicia e o resto de España. Na propia provincia de Lugo “resulta imposible adquirir un billete para viajar de Lugo a Barcelona durante el mes de agosto”, engade a senadora.

Rosa Arza explica que “ni las cifras récord de peregrinos en este año Xacobeo, ni la fuerte recuperación del turismo, ni la mayor demanda del transporte ferroviario derivado del aumento del precio de combustible parecen ser justificación para que Renfe aumente las líneas y las frecuencias de trenes”.

Por iso, a senadora pregúntase como é posible que non se resolva esta situación que está a afectar a Galicia, e tamén como é posible que o Goberno non tome medidas ao respecto, amosando una vez máis pola súa parte o abandono en materia ferroviaria.

Bonificacións

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciaba o pasado mes de xullo, durante o debate do estado da nación medidas para facer fronte a unha dobre crise global marcada pola pandemia da COVID-19 e a invasión rusa a Ucraína que está a afectar directamente á poboación española.

Entre todas estas propostas destacaba unha bonificación do 100% de todos os «abonos de varias viaxes» en proximidades e media distancia de Renfe e Rodalies (Cataluña). Desta maneira, todos os billetes multiviaxes de Renfe pasarían a ser gratis desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro deste ano. Por iso, os senadores lucenses engadiron unha petición a Renfe para que axuste esta oferta á nova demanda de prazas que haberá a partir do 1 de setembro coas bonificacións dos servizos de cercanías e tren de media distancia.