Pol, 10 de agosto de 2022. O PP de Pol denuncia o forte abandono por parte do goberno local a un veciño da parroquia de Silva que non conta con luz pública. Ademais de non contar coa suficiente seguridade lumínica a vivenda non ten un bo acceso por estrada, pois está sen asfalto e en moi malas condicións. A asuencia de iluminiación pública produce un grave problema de seguridade, pois hai un alto risco de caída de persoas, de atropelos ou de accidentes de tráfico».
Os populares explica que a “o veciño vive nunha casa que se construi fai case 200 anos e fai 10 anos, con outra veciña pagaron para poñer postes de luz desde A Santiña en Xerbolés ata a súa casa. O resultado foi un aproveitamento do goberno local que viu unha oportunidade para beneficiarse”.
Desde o PP de Pol reclámase ao goberno municipal que comece a preocuparse máis polos veciños dotándoos dos servizos básicos que lles corresponden en vez de “perder o tempo realizando promesas que nunca se van a cumprir”