Partido Popular de Lugo

Os senadores lucenses do PP solicitan ao Goberno central a declaración de zona catastrófica o territorio afectado polos incendios no Courel

Lugo, 4 de agosto de 2022. Os senadores lucenses solicitan ao Goberno central declarar, “o máis axiña posible”, zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil o territorio do Courel que sufriu os incendios orixinados o pasado 14 de xullo a causa dos raios producidos por unha tormenta e que afectou ao municipio de Folgoso do Courel, principalmente, e tamén aos da Pobra do Brollón e Quiroga.

Para iso será necesario elaborar un informe sobre os danos producidos por estes lumes que, en total, arrasaron 11.100 hectáreas incluíndo practicamente a totalidade das casas do núcleo de Vilar e unha vivenda na parte baixa de Froxán, cerca do río Lor, tras unirse os focos iniciados nas parroquias de Vilamor en Folgoso do Courel e Saa na Pobra de Brollón.

A iniciativa que dirixen á Comisión de Interior recolle tamén a adopción de medidas dispostas na Ley para paliar os efectos do incendio – coma axudas a particulares e compensación á administración local polos gastos das súas actuacións-; “así coma outras medidas que contribúan a afrontar a recuperación e restauración dos impactos sobre as zonas danadas”, segundo explicou a senadora Rosa Arza.

Apoios da Xunta

Rosa Arza destacou, por outra banda, a rapidez da Xunta de Galicia que “unha semana máis tarde do orixe do incendio xa puxo un paquete con axudas directas para os veciños afectados”. Estas medidas inclúen contías económicas para as vivendas afectas, os aveños de primeira necesidade e para emendar os danos a locais, explotacións e empresas.

Os senadores populares piden, polo tanto, a mesma capacidade de resposta ao Executivo central. Rosa Arza di: “Os veciños afectados tamén precisan o apoio explícito do Goberno central”.