Partido Popular de Lugo

Raúl Pérez Álava, nomeado presidente da xestora do PP de Navia de Suarna

Navia de Suarna, 3 de agosto de 2022. O Partido Popular continúa a reforzar as agrupacións locais da provincia co nomeamento de Raúl Pérez Álava como presidente da xestora da agrupación local de Navia de Suarna.

Pérez Álava é un veciño e gandeiro do municipio, concretamente da parroquia de Rao, que ten 41 anos de idade. O novo responsable da agrupación local aposta polo rural e asegura que defenderá que “zonas pouco poboadas, como é o caso do municipio de Navia de Suarna, recuperen certa vida e que non haxa que marchar”. Pérez Álava cre que “hai que facer políticas para fixar poboación”.

A dirección provincial agradece a “implicación e vontade de traballo” do presidente da xestora que completará no prazo aproximado dun mes o equipo que o acompañará no seu labor de conformar unha candidatura de cara ás eleccións do municipais do 2023 coa que “ser a alternativa”. Con ese obxectivo, o popular convida a unirse a todas as persoas que queiran traballar por mellorar Navia de Suarna e os servizos a tódolos veciños: “temos que traballar por defender o noso”.

Proxecto atractivo

Os populares continúan fortalecendo as agrupacións municipais “sumando equipos de traballo” e reforzando a estrutura do partido a nivel local. A dirección provincial pon en valor que “o Partido Popular segue a ser un proxecto atractivo para a xente moza e emprendedora coma o caso de Raúl Pérez ou o de Jose ‘Castro’, recentemente nomeado presidente da xestora de Ribeira de Piquín, outro municipio do partido xudicial da Fonsagrada.