Partido Popular de Lugo

Dani Vega: “Colaboramos coa Xira de Santa Cruz e o Trofeo Enma Cuervo, Encontros no Camiño, unha aposta por conservar a tradición ribadense” 

Ribadeo, 3 de agosto de 2022. O grupo municipal popular de Ribadeo presentou hoxe a Xira de Santa Cruz e o trofeo Enma Cuervo, Encontros no Camiño. O portavoz, Dani Vega, quixo agradecer ás entidades encargadas destes eventos polo traballo que estiveron a facer estos días e que “significa coidar, mimar a tradición e unila co deporte, en definitiva, poñer en valor a Ribadeo”.

A Xira de Santa Cruz acollerá no monte homónimo esta festa de Interese Turístico Galego, situada no concello de Ribadeo e moi próxima ao casco urbano. Nesta edición cúmprense 60 anos e Dani Vega agradeceu a asociación organizadora de este evento, Amigos da Gaita Galega “por poñer en valor e axudar na conservación da música galega”.

Dani Vega di: “Todos os anos Amigos da Gaita axudan a conservar a música da nosa terra, pois educan ao seu alumnado na tradición da gaita e a pandereta. Teñen unha historia importantísima con Ribadeo e na conservación desta romería.”

O grupo municipal xestionou “con responsabilidade e humildade” o orzamento de 10.000 euros co que a Xunta de Galicia apoia esta festa a través dos concertos de Amigos da Gaita,  Xisco Feijoo e Pelepau.

Trofeo Enma Cuervo, Encontros no Camiño

Por outra banda, o portavoz popular resaltou o traballo do FC Ribadeo co trofeo Enma Cuervo: “Fai poucos días presentamos o trofeo Enma Cuervo feminino e masculino e sen conformarrnos, colaboramos co club económicamente nunha acción por impulsar e poñer en valor a Ribadeo, a cultura e o Camiño”

A Xunta de Galicia colaborou aportando a copa que se levará o equipo vencedor. Este ano será unha homenaxe ao monumento ó gaiteiro, pois nunha orixe este monumento foi encargado polos Irmáns Suárez Couto ao escultor ourensá Faílde. Dani Vega destaca que “tiñamos unha idea na que poñer en valor os monumentos do municipio e traballamos conxuntamente para que fose unha realidade. Por iso encargamos a Sargadelos a súa elaboración.”

O grupo municipal agradeceu á dirección de Sargadelos, especialmente a José Reinante e ao seu deseñador, Carlos Pérez, ambos ribadenses, por traballar por unha causa común como é a de poñer en valor a cultura de Ribadeo.