Partido Popular de Lugo

Jose Osorio Fernández, ‘Castro’, nomeado presidente da xestora do PP na Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín, 1 de agosto de 2022. O Partido Popular refórzase na Ribeira de Piquín co nomeamento de Jose Osorio Fernández, coñecido como ‘Castro’, como presidente da xestora do PP local. Trátase dun empresario novo do municipio involucrado en distintas actividades e especialmente vencellado ao sector forestal dende fai 11 anos.

A dirección provincial continúa fortalecendo as agrupacións municipais con equipos de traballo para “ser a alternativa nas vindeiras eleccións do 2023”. Neste sentido, agradécelle a Castro “o seu compromiso de traballo pola Ribeira de Piquín”.

O presidente da xestora da formación popular márcase o prazo aproximado dun mes para nomear ao resto de integrantes da xestora coa que avanzar en dotar dunha estrutura ao Partido Popular no concello. Nese sentido, manifestou a súa intención de “sumar xente nova que se involucre para mellorar a Ribeira”.

O PP local traballará co obxectivo de conseguir a alcaldía que sempre ocupou a formación popular ata os últimos sete anos. “Contaremos con todas as persoas que o desexen” e, polo tanto, animou a “sumarse a un proxecto co que construír un mellor futuro para o noso concello”, manifestou Castro.