Pol, 29 de xullo de 2022. O Partido Popular en Pol denuncia a deixadez que ven a amosar o goberno local na pavimentación das estradas, unha das súas competencias, da cal non se fai cargo. Según os populares: “Un goberno que non se fai cargo das súas competencias non é un bo goberno. Isto non o decimos nós senon que o demostra a súa xestión”
A parroquia de Caraño ven a ser a máis afectada. A semana pasada desde o PP de Pol fíxose unha petición ao goberno local para que comezara a iniciar o proceso de mellora da igrexa da parroquia de Caraño do século XV. Agora, ademais de non gozar dunha igrexa teñen que convivir co estado de abandono das estradas e pistas municipais. “Desplazarse pola aldea supón unha dificultada para os veciños” aseguran desde o grupo popular
Por outra banda, fai xa un mes que se esixiu ao goberno de Pol medidas para arranxar as pistas en todo o municipio e segue sen haber unha resposta nin unha mellora da pavimentación. O PP de Pol reclama que se comece o proceso de pavimentación en todas as parroquias do concello por igual, así como o desbrozamento da maleza que xa está invadindo as estradas.