Partido Popular de Lugo

Castiñeira lamenta que “PSOE e BNG non apoiaron a nosa proposta enerxética para Alcoa e agora coñecemos que reducirá a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas”

Lugo, 29 de xullo de 2022. Javier Castiñeira lamenta que “nin o PSOE nin o BNG apoiaran no pleno do pasado martes a proposta do Grupo Provincial Popular para que a Deputación lle solicitase ao Goberno do Estado máis axilidade para aprobar os parques eólicos asociados á venda de enerxía verde e máis económica para subministrar electricidade á planta de Alcoa”.

O portavoz popular considera que “isto debilita a posición unánime da provincia” en relación á conservación da planta e os postos de traballo en San Cibrao. Pero, ademais, “vai en contra das peticións que nos trasladaron os traballadores”.

Os populares trasladaban ao pleno a súa preocupación pola situación enerxética de Alcoa e agora vemos “a nefasta estratéxica do Goberno de Sánchez é a responsable non só de que non se fabrique aluminio primario na Mariña; senón tamén agora de que se rebaixe a produción de alúmina”.

“A intransixencia enerxética do Goberno de Sánchez é incompatible co desenvolvemento industrial e económico do país e, polo tanto, da nosa provincia”. De feito, “agora escoitamos que o elevado prezo do gas é unha ameaza non só para a fábrica de aluminio, senón tamén para a fábrica de alúmina”.

Castiñeira sinala, polo tanto que: “Máis ca nunca, pedimos que o Goberno do Estado poña enriba da mesa solucións para que poida cumprir a súa promesa de reactivar a súa produción nos vindeiros anos”.