Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte acusa a Tomé de romper unilateralmente o compromiso adquirido para reabrir o acceso ao Hospital polo Camiño dos Codesos

Monforte, 22 de xullo de 2022. O partido sanchista ten demostrado sobradamente o seu descaro máis absoluto para exercer a política como a arte do engano e da mentira. Tamén en Monforte, o alumno avantaxado de Sánchez que é o alcalde, José Tomé, incorre neste tipo de practicas, nas que a deslealdade é marca da casa. O goberno municipal monfortino foi traidor co grupo municipal do PP, que, con lealdade institucional, se comprometeu a retirar a moción que presentara para o pasado pleno en relación co bloqueo dun acceso ao Hospital, se o goberno se comprometía a abrir dito acceso. Adquirido o compromiso polo goberno no sentido indicado, o PP retirou a moción, pero, para a súa sorpresa, o goberno local volveuno pechar ás poucas horas. Así o sinala a portavoz popular, Katy Varela, que anuncia a presentación no próximo pleno da moción que retirou no anterior se Tomé non ordena de inmediato abrir de novo o acceso ao Hospital polo Camiño dos Codesos.

Os populares cren que este é un caso máis que pon de relevo o caos urbanístico que impera en Monforte. Así, indican que, a pesar de que o Concello manifesta que o vial non existe como tal, está asfaltado e correctamente pintado. O peche, mediante un quitamedos, do indicado acceso ao Hospital é especialmente grave, porque se impide así a entrada de vehículos para a descarga de biomasa para a central que proporciona a auga quente e a climatización, o que pode chegar a comprometer a actividade asistencial. O grupo municipal popular quere que Tomé e o seu equipo de goberno adquiran o compromiso de solucionar o bloqueo do dito acceso ao Hospital, pechado recentemente por un quitamedos, de modo que se permita a descarga da biomasa pola parte do Camiño dos Codesos, de maneira que non se comprometa a actividade asistencial do Hospital.