Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “A Xunta de Galicia inviste preto de 30.000 euros para acondicionar a área recreativa da Vilavella”

Ribadeo, 12 de xullo de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “a Xunta de Galicia inviste preto de 30.000 euros para acondicionar a área recreativa da Vilavella”.

O popular sinala que “este investimento permite recuperar un espazo que non estaba nun bo estado”. Destaca, ademais, que “hai que ter en conta que esta área se atopa nunha das entradas a Ribadeo e, con esta actuación, eliminarase un impacto paisaxístico negativo”.

“Hai un treito de asfaltado da antiga estrada que está en desuso e que se pode converter nunha zona verde”. De feito, a actuación prevista e que será beneficiaria dunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental deste ano permitirá conectar este espazo coa senda do Camiño Natural do Cantábrico e mellorar a iluminación co obxectivo de reducir a contaminación lumínica”, apunta Vega.

O voceiro popular traslada os seus parabéns “aos técnicos municipais” porque “fixeron un bo traballo” e á Xunta de Galicia “por colaborar economicamente”. Así mesmo, engade que “o Grupo Municipal Popular seguirá traballando para mellorar Ribadeo”.