Partido Popular de Lugo

O PP reclama que o Museo Provincial abra toda a semana e atribúe que peche un día “aos luns ao sol de Tomé e a súa falta de confianza nos recursos turísticos da provincia”

Lugo, 11 de xullo de 2022. Na mañá de hoxe, luns, polas rúas da capital víanse numerosos turistas, algúns deles con guías que explican os aspectos más relevantes da historia. Pero os visitantes, hoxe, non podían visitar o Museo Provincial, dependente da Deputación, porque, como todos os luns, está pechado. O grupo provincial popular reclama do goberno da Deputación que manteña aberto o Museo Provincial todos os días da semana e di que, se para elo, é preciso máis persoal, que se contrate. Os populares atribúen a actual situación “aos luns ao sol de Tomé e a súa falta de confianza nos recursos turísticos da provincia”.

O portavoz do PP no organismo provincial, Javier Castiñeira, explica: “Diante do Museo Provincial, da Deputación de Lugo, uns visitantes queixábanse esta mañá por non poder visitar o Museo Provincial. Está pechado porque e luns e o goberno provincial decidiu que o luns non abre este museo. É unha pena e resulta moi chamativo, porque moi cerca está a Casa dos Mosaicos, do Concello, que abre todos os días, e cerca tamén, se pode visitar durante toda a semana a Catedral”

Castiñeira lembra que “o grupo provincial do PP levou unha pregunta ao pasado pleno da Deputación para interesarse por esta cuestión”. No PP entenden que “non é lóxico que en verán o Museo Provincial estea pechado os luns; vemos cantidade de guías turísticos con numerosos turistas e unha intensa actividade turística nesta cidade”. Os populares piden “á Deputación de Lugo que corrixa a súa política de museos e manteña aberto o Provincial, tan importante para toda a provincia”. Castiñeira engade: “A desculpa para non abrir os luns no pode ser a falta de persoal; se se necesita persoal para ter aberto, hai que contratalo. Iso foi o que lle dixemos ao goberno provincial na pasada sesión plenaria, pero parece que o presidente Tomé non quere investir máis no museo para telo aberto tamén os luns este”. Castiñeira espera “que tanto a deputada de Turismo, do PSOE, como de Cultura, do BNG, se senten a resolvelo para que se poida visitar o museo os luns”.