Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde pide a construción dunha beirarrúa na rúa Enriqueta Otero, que é o acceso á piscina municipal

Castroverde, 11 de xullo de 2022. A improvisación é a marca do goberno que preside o socialista José María Arias. Non de outra maneira se pode entender o feito de que, un ano máis, a rúa Enriqueta Otero, acceso á piscina municipal, siga sen beirarrúas e sen sinalizar adecuadamente. Así o indica o portavoz popular, Rubén Otero.

Os populares cren que é inxustificable que a rúa Enrique Otero siga a estas alturas sen ter polo menos unha beirarrúa. É o acceso á piscina municipal, practicamente dende a casa consistorial. Esta rúa é camiño de ida  e volta á piscina para moitos nenos. Polo tanto, urxe que o goberno local adopte as medidas oportunas para construír polo menos unha beirarrúa. Como medida provisional, o portavoz popular, Rubén Otero, pide que se leve a cabo unha boa sinalización horizontal e vertical. Tamén di que, a falta de beirarrúa, débese marcar o espazo reservado para os peóns, que deberá estar protexido por bolardos. Igualmente, sinala a necesidade de que o Concello desbroce debidamente ás beiras desta vía.

Por outra parte, e a vista do que pasa todos os veráns, os populares propoñen ampliar nunha hora (ata as 21.00) o horario de uso da piscina. Nestes días, os máis longos do verán, e tamén nos que poden ser os máis calorosos do ano, é, di Otero, totalmente inapropiado pechar a piscina as 20.00 horas.