Partido Popular de Lugo

O PP defende a transparencia e axilidade da Xunta de Galicia para dar solución ao derrubamento da estrada de O Courel

  • As obras de acceso provisional a Folgoso do Courel co fin de restituír o tráfico na estrada LU-651 estarán finalizadas en poucas semanas.
  • O investimento da Xunta de Galicia nesta obra de emerxencia que se está executando é case 1 millón de euros
  • Os populares lamentan que o secretario provincial socialista, José Tomé, nin dixera unha sola palabra de O Courel ata que caeu o viaduto da A-6, que non se preocupara polos veciños de O Courel e que utiliza agora simplemente o tema como cortina de fume para tapar a ineficacia do goberno de Pedro Sánchez ante a problemática existente na A-6

Folgoso do Courel, 9 de xullo de 2022. O Partido Popular defende a transparencia e axilidade da Xunta de Galicia para dar solución ao derrubamento da estrada de O Courel.

“Hai que salientar que a administración autonómica, desde o primeiro momento, puxo enriba da mesa posibles alternativas para solventar o problema, de modo consensuado co concello”, afirman os populares.

As obras de acceso provisional a Folgoso do Courel co fin de restituír o tráfico na estrada LU-651 estarán finalizadas en poucas semanas.

O investimento da Xunta de Galicia nesta obra de emerxencia que se está executando é case 1 millón de euros.

Traballando en dúas frontes

A Xunta de Galicia primeiro declarou a emerxencia para poder executar unha actuación que solventase  o problema coa máxima axilidade posible, ofrecendo unha solución rápida e segura, que é a que se está executando e que estará finalizada en poucas semanas; e despois traballando para ver a mellor alternativa que permita dar solución definitiva ao problema.

Ademais, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade reuniuse en varias ocasións coa alcaldesa, desprazouse in situ á zona e tamén o director da Axencia Galega de Infraestruturas deu explicacións no Parlamento de Galicia.

Cortina de fume

Os populares lamentan que o secretario provincial socialista, José Tomé, nin dixera unha sola palabra de O Courel ata que caeu o viaduto da A-6, que non se preocupara polos veciños de O Courel e que utiliza agora simplemente o tema como cortina de fume para tapar a ineficacia do goberno de Pedro Sánchez ante a problemática existente na A-6.

“Non sabemos as causas exactas do derrubamento na A-6, cunha alternativa que propón o Ministerio que non soluciona os dous principais problemas nestes momentos: non saca o tráfico pesado do núcleo de Pedrafita nin tampouco dá solución aos problemas dos tráficos especiais, que seguen sen unha alternativa viable para circular. Seguimos sen saber que pasou exactamente no viaduto nin tampouco nada da solución definitiva”, lamentan desde o PP.

Por último, desde as filas populares piden ao secretario xeral socialista que non utilice a O Courel ao seu antoxo cando, ademais, na estrada LU-P-1301, competencia da Deputación de Lugo da que é presidente José Tomé, o único que foi capaz de facer é pavimentala cando é totalmente necesario unha reforma integral da mesma (corrixir curvas, ampliar a anchura da estrada) para que non dificulte o paso ao vehículos grandes, autobuses, camións…