Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde insta ao Concello a establecer un convenio coa Hidrográfica para ter a capacidade de autorizar os traballos de limpeza dos ríos

Castroverde, 5 de xullo de 2022. O PP de Castroverde intenta que aos veciños do municipio lles resulte máis fácil que na actualidade conseguir a autorización necesaria para a limpeza dos ríos. O portavoz popular, Rubén Otero, anuncia a presentación dunha moción para instar “ao Concello a que realice as xestións oportunas diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que sexa o propio Concello o que autorice aos interesados a realización de tarefas de limpeza e mantemento dos cauces de dominio público do termo municipal de Castroverde”.

Os populares destacan que “a limpeza e o bo mantemento dos ríos e da súa contorna é unha tarefa imprescindible para a mellora dos entornos fluviais; estas actuacións nas zonas habitables son de competencia municipal e fora delas son competencia, no caso de Castroverde, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil”. No PP aluden ao caso do Concello de Baleira  onde “se ten feita unha solicitude á Confederación Hidrográfica do Cantábrico para que sexa o propio Concello o que autorice aos interesados á realización de tarefas de limpeza e mantemento dos cauces de dominio público”. Otero resalta que “o Concello é a administración máis próxima aos intereses dos veciños e veciñas e, polo tanto, máis coñecedora das propias necesidades municipais, o que axilizaría os procesos”. Así as cousas, cre convinte que o Concello de Castroverde faga as xestións necesarias diante da Confederación Hidrográfica do Cantábrico para solicitar autorización xenérica para ter a capacidade de concesión dos permisos para a realización de ditas tarefas.