Lugo, 30 de xuño de 2022. O PP da provincia de Lugo pecha o curso político cunha nova conferencia do #EspazoAbertoPopular co que pretende abrir o partido á sociedade lucense e á participación cidadá. Foi o xuíz José Antonio Vázquez Taín o encargado de falar sobre un tema de actualidade como son as ‘Redes sociais: entre a liberdade de expresión e o delito’ nun interesante relatorio que pronunciou na sede de Afundación de Lugo ante numerosos asistentes.
O PP da provincia amosou, unha vez máis, o seu compromiso coa búsqueda de ferramentas útiles para a sociedade lucense nun contexto de cambios constantes. “Queremos ser un instrumento de apoio e de colaboración e escoita constante”, manifestou a presidenta, Elena Candia. Nesta ocasión, a conferencia serviu para analizar con familias e profesionais da educación o impacto das redes no noso entorno.
Esta nova conferencia súmase ás distintas actividades de interese social e cultural que o Partido Popular da provincia de Lugo desenvolve periodicamente. Dentro do #EspazoAbertoPopular achegáronse a Lugo a consultora de neurocomunicación Marta Pinillos; o economista Daniel Lacalle; o catedrático e exdirector do Instituto Nacional de Administración Pública, Manuel Arenilla; ou o profesor universitario e investigador Enrique José Varela Álvarez.
En escoita permanente coa sociedade e os afiliados
O PP da provincia de Lugo desenvolveu nos últimos meses diferentes actividades co obxectivo de estar máis preto dos lucenses e coñecer de cerca as súas necesidades e intereses para tratar de darlles solución. Con ese obxectivo, o PP lucense tense reunido con representantes de diversos sectores económicos, coma gandeiros ou pescadores, e de distintos colectivos coma asociacións de veciños ou a federación de Anpas lucense. Tamén se ten achegado a coñecer proxectos empresariais vencellados ao noso rural e a súa posta en valor, ten apoiado as reivindicacións dos traballadores para o mantemento da actividade industrial na Mariña e defendido moitas iniciativas nas diversas institucións a favor do avance da provincia e da mellora constante dos servizos aos veciños e veciñas.
E, por suposto, tamén ten celebrado e continúa coa súa rolda de reunións cos afiliados das distintas agrupacións locais e mesmo en moitas delas, trala celebración do congreso provincial, tamén se teñen celebrado os congreso locais nos que se elixiron as novas directivas de cara á conformación das candidaturas das eleccións municipais do vindeiro ano 2023. Convencidos de que os Concellos e a Deputación precisan un goberno do Partido Popular, a formación lucense continúa traballando e velando polos intereses dos lucenses.