Partido Popular de Lugo

O lucense José Manuel Balseiro novo portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento galego

Lugo, 30 de xuño de 2022. O deputado José Manuel Balseiro Orol é o novo portavoz da área de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, unha responsabilidade que compaxinará coa presidencia da Comisión de Pesca e Marisqueo, función que xa viña desenvolvendo na actual lexislatura.

O parlamentario lucense é un dos representantes con máis experiencia xa que accedeu á Cámara galega no ano 2005. Desde entón son diferentes as áreas nas que exerceu como voceiro: pesca, montes, emprego e, agora, será o encargado dos asuntos relativos ás infraestruturas de comunicación, seguridade viaria, mobilidade e transporte.

Balseiro agradeceu esta nova responsabilidade que, segundo explicou nas súas redes sociais, “asume con moia ilusión” pois para el “é unha honra poñer en valor o extraordinario traballo que realiza a conselleira, Ethel Vázquez e o seu equipo” á fronte deste departamento da Xunta.

O deputado xa estreou con fortuna como voceiro de Infraestruturas no pasado pleno (que tivo lugar o martes e mércores desta mesma semana. Foi o autor e o encargado da defensa da iniciativa popular na que se reclama unha solución urxente tras o derrubo do viaduto da A-6. Iniciativa na que logrou o apoio unánime de todas as forzas políticas.

O parlamentario lucense substitúe nesta portavocía a Diego Calvo Pouso que cesou nesta tarefa tras o seu nomeamento como Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.