Partido Popular de Lugo

O PP esixe que a Deputación inste ao Goberno central a explicar por que caeu o viaduto da A-6 e que solucións ten previsto aplicar fronte ao illamento da provincia

Lugo, 22 de xuño de 2022. O desplome de dous tramos do viaduto da A-6 en O Castro constitúe un gravísimo problema para a provincia de Lugo, porque agrava exponencialmente o illamento ao que está sometida debido as políticas de infraestruturas que desenvolve o Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez. O grupo provincial do PP defenderá unha moción na próxima sesión plenaria da Deputación para reclamar ao Goberno explicación do ocorrido e información clara e detallada de como pretende solucionar tan grave problema.

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinala: “O desplome de parte da estrutura da A-6, en O Castro, é un verdadeiro problema, un problema maior para a provincia de Lugo. Non é só un problema para os veciños da comarca da Montaña; é un problema económico para toda a provincia, moi prexudicada pola estratexia de infraestruturas do goberno”.

Castiñeira declara: “Hai que recordar que estamos sen a A-74 (autovía de A Mariña), na que non se fixo absolutamente nada, van con moitísimo retraso as obras da A-54 (Lugo-Santiago), e nada sabemos da A-56 (Lugo-Ourense) nin da A-72 da zona sur”. Así as cousas, “este corte na A-6 é un verdadeiro batacazo a economía da provincia de Lugo e, por iso, o grupo provincial do PP quixo acercarse a O Castro para comprobar o estado desta infraestrutura e para anunciar que levaremos unha moción ao próximo pleno”.

Os populares, na moción, solicitarán, “por un lado, explicacións ao Goberno do Estado de por que se chegou a este desplome, de cales foron os riscos que se asumiron todos estes últimos meses de obras, do desperdicio que foi meter cartos no mantemento desta infraestrutura que o final non valeu para nada”. E o máis importante, os populares queren saber “cales son as solución, porque así nolo piden os veciños, o tecido económico.-empresarial da provincia de Lugo e así nos preocupa no PP”

Castiñeira sinala: “Isto é una obra maior que precisa explicación e datos fidedignos para que a xente poida ter unha visión do que vai ser o seu futuro nos próximos anos, porque falamos dunha obra de grande envergadura; esperemos  que o Partido Socialista e o BNG estean a altura e defendan os intereses verdadeiros da provincia de Lugo e non como está facer o PSOE que prima os intereses do partido antes que o dos propios lucenses.