Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte condena a “pouca preocupación” do goberno local ante a aparencia “bochornosa” do río Cabe ao seu paso polo casco urbano

Monforte, 18 de xuño de 2022.O PP monfortino lamenta a pouca preocupación do equipo de goberno local en relación ao estado do río Cabe, que nos últimos días presenta unha aparencia “bochornosa”.

A presidenta do PP de Monforte e voceira municipal, Katy Varela, considera “paradoxal” que “o alcalde presuma de recoller a escoba de prata á cidade máis limpa, pero non repare na situación do saneamento e, polo tanto, do río ao seu paso polo casco urbano”.


Varela defende que “unha cidade como a nosa -monumental y nun enclave de luxo como é a Ribeira Sacra- debería cuidar máis ese tipo de detalles. É unha vergoña que os turistas que nos visiten estes días vexan o río neste estado”.

Ademais, “a falta do saneamento e a situación do río impiden que os cidadáns de Monforte poidan gozar dunha zona de baño adecuada”, expón tamén a popular.

Inacción do goberno de Tomé ante a falta de saneamento

A popular condena “anos de inacción do goberno de Tomé en asuntos realmente importantes para os cidadáns”, como é o caso do saneamento. “A pesar de que o Grupo Municipal Popular o ten levado en numerosas ocasións para o seu debate no pleno, lamentablemente non esperamos que lle dea unha solución”.