Partido Popular de Lugo

As altas temperaturas agravan o risco de lumes forestais e evidencian a desidia do goberno de Cervantes ao non subscribir o convenio Seaga-Fegamp-Xunta para prevención de incendios

Cervantes, a 17 de xuño de 2021.  As altas temperaturas que se rexistran estes días disparan o risco de que se produzan incendios forestais. Na zona rural lucense, e máis en áreas de montaña como é Cervantes, os lumes forestais son unha das grandes preocupacións dos veciños. Así quedou de manifesto la reunión dos afiliados e simpatizantes do PP de Cervantes cos máis destacados membros da dirección provincial do partido: presidenta, Elena Candia; secretario Xeral, Javier Vázquez Nodal; coordinador xeral e portavoz provincial, José Manuel Balseiro.

A reunión supón o reinicio dos encontros dos afiliados populares en Cervantes, que se viron suspendidos a causa da pandemia. O portavoz popular neste municipio, Javier Santín, sinala que o obxectivo é abrir aínda máis o partido á sociedade en Cervantes, mellorar o proceso de escoita activa aos veciños e intensificar o traballo, con humildade e constancia.

No transcurso da reunión, quedou patente a preocupación polo feito de que o goberno municipal non se adherise aínda ao convenio Fegamp-Seaga-Xunta para a prevención dos incendios forestais. No recordo dos veciños de Cervantes está aínda moi fresco o gran incendio forestal vivido hai catro anos. Santín sinala: “Non sumarse a este convenio é unha irresponsabilidade, realmente é algo moi grave”.

O portavoz municipal dos populares di que o alcalde, o socialista Benigno Gómez, e o seu equipo “teñen vocación de encargados de mantemento, pero non de xestores dos intereses dos veciños; son incapaces de afrontar os verdadeiros problemas do municipio”. Engade que “non son capaces de impulsar nin os proxectos dos que fixeron bandeira nas eleccións municipais, como é o caso da residencia”.