Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2022. O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, gusta de programar obras cuxo resultado final é un bo escenario para saír na foto. Pola contra, evita dedicar cartos a aquelas obras que sendo de gran importancia para os cidadáns teñen como resultado melloras que non se ven, como é o caso da rede de distribución de auga potable, tan deteriorada. E hai casos nos que probablemente nin sopesa a posibilidade de acometer as melloras necesarias. Iso parece ser o que ocorre co campo da feira, é dicir co antigo mercando gandeiro, que, segundo denuncia o grupo municipal do PP, está totalmente abandonado, coas instalacións máis antigas en estado de ruína, con maleza e convertido nun depósito de material de distinto tipo, incluídos vellos báculos de farolas retirados dalgunhas rúas. A portavoz popular, Katy Varela, anuncia que os populares defenderán unha iniciativa no próximo pleno para intentar mellorar o estado no que se atopa o recinto do mercado gandeiro.
Varela lembra que “recentemente o PP de Monforte denunciou, xunto aos compañeiros na Deputación, os déficits que presenta o arranxo feito no firme da LU-P 3202, a altura do campo da feira, pois non se preocuparon das beiravías nin de sinalizar pasos de peóns, o que complica o tráfico e merma a seguridade vial especialmente os días de mercado”.
Para a portavoz popular, “a pouca preocupación do alcalde de Monforte polo mantemento das cousas que xa existen na cidade reflíctese tamén no recinto da feira”. Comprobou “con asombro, que, ademais das instalacións en estado de abandono, que deberían ser obxecto de arranxos urxentes, este recinto úsase como almacén de mobiliario urbano retirado das rúas: hai alí gran número de contedores amontoados, así como pedras e restos de luminarias urbanas”. No mesmo recinto, explica Katy Varela, “hai almacenado material para obras nas estradas; ademais a maleza e abundante precisamente na zona onde se instalan os postos o día da feira”. Anuncia: “Os populares requiriremos no pleno ao goberno local que acometa melloras neste recinto”.