Partido Popular de Lugo

Montse Seijo propón “aprobar unha dotación orzamentaria para arranxar as marquesiñas debido ao seu mal estado”

Ribadeo, 7 de xuño de 2022.A coordinadora do rural dos populares ribadenses, Montse Seijo, propón ao goberno local “aprobar unha dotación orzamentaria para arranxar as marquesiñas dado que teñen táboas e cristais rotos e, incluso nalgunhas chove dentro”.

Así o manifesta tralas queixas que os veciños lle trasladaron ao Grupo Municipal Popular nas reunións que están a manter con todas as parroquias para coñecer as súas propostas e necesidades. Unha das reivindicacións dos veciños é o mantemento do mobiliario urbano.

Montse Seijo explica que “as marquesiñas, ademais de ser usadas polos nenos, tamén as usan os nosos maiores tanto os que viaxan en transporte compartido coma os que as utilizan como lugar de descanso dos seus paseos ou simplemente para botar un conto”.

Limpeza das cunetas e áreas recreativas

Pola súa banda, a vicevoceira e coordinadora de medio ambiente, Elena Sierra explica que “en estas mismas reuniones también nos trasladaron su malestar en lo que limpieza de cunetas, carreteras y áreas recreativas se refiere”.

Polo tanto, dende o Grupo Municipal Popular insisten no que propoñían fai uns días, o que veñen pedindo e denunciando neste mandato: “un calendario de limpieza para todo el año -pero en épocas puntuales como puede ser la primavera mucho más – y una dotación orzamentaria para el refuerzo de la limpieza”.

A popular sinala que “estos temas ya los llevamos al pleno el pasado martes; pero como es habitual se nos hace caso omiso a nosotros y lo que es peor, a los vecinos de Ribadeo”.