Partido Popular de Lugo

O PP subliña que as inundacións que provocou a chuvia intensa “puxeron en evidencia as chapuzas de Tomé” en materia de obras

Monforte de Lemos, 30 de maio de 2022. Os populares de Monforte consideran que “a chuvia intensa de onte evidenciou as chapuzas de Tomé”. A voceira, Katy Varela, subliñou que “a estampa apocalíptica que se viviu durante algunhas horas na cidade de Monforte é un reflexo da xestión de Tomé á fronte da alcaldía de Monforte”.

A popular apunta que “os sumidoiros están colapsados e os monfortinos sufriron as súas consecuencias. Tal e como nos comentaban os veciños, comprobamos que a aparición de ratas mortas e sucidade solidificada. É certo que a chuvia foi intensa e continuada durante preto dunha hora, pero tampouco podemos negar que a nosa rede de saneamento e abastecemento non está no estado máis óptimo”.

Como xa advertiran dende o Grupo Municipal Popular tralas obras na Praza Doutor Goyanes e Armando Cotarelo, “a auga estancouse onte nesa zona; igual que na rúa Corredoira e noutros puntos onde o asfalto é constante”.

Katy Varela defende “gastar o diñeiro de todos con cabeza e moito razoamento para evitar que en Monforte se volvan a dar situacións coma estas; e non gastar para aparentar que se fan cousas”, puntualiza.

Contratación do SAF

A voceira do Grupo Municipal Popular explica tamén que “o equipo de goberno local leva ao pleno deste luns a aprobación do expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que, curiosamente, está xa na plataforma de contratacións publicado dende o día 13 de maio”. A popular condena, polo tanto, que “Tomé volve a traballar de forma caótica e sen a orde legalmente establecida. Despois estráñase das denuncias e demandas que lle presentan”.

Ademais, “os medios de comunicación fixéronse eco do malestar dos empregados do servizo co prego do contrato, o que implica que Tomé novamente evitou sentarse a falar cos verdadeiros implicados neste asunto e enzárzase nun novo conflito”, conclúe Varela.