Partido Popular de Lugo

Tito Suárez solicita ao goberno do BNG que se actúa no campo municipal da Devesa o faga “con miras de futuro”

Ribadeo, 12 de maio 2022. O coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, explica que “despois das xestións do noso Grupo Municipal, lográbamos que se acondicionara o campamento xuvenil da Devesa para que puidera adestrar con garantía o Ribadeo FC ante a imposibilidade de facelo no campo municipal da Devesa debido ao abandono e deixadez por parte do goberno local do BNG”.

Ante esta situación, Tito Suárez propón que “agora que o campo municipal da Devesa queda máis libre de adestramentos, pedimos ao goberno do BNG que se ten pensado actuar nel que sexa con miras de futuro; non pan para hoxe e fame para mañá”.

O popular aposta por “acondicionar o campo municipal da Devesa con garantías” de forma que, “en caso de necesidade puntual, para descargar de partidos ao municipal Pepe Barrera, se poida empregar para competir”.

O coordinador de deportes sinala que “non pode ser que polo mal estado do terreo de xogo, os xogadores sufran lesións”.