- “O goberno municipal, coa a súa alcaldesa, Mayra García, á fronte, non se preocupan nin defenden os intereses dos empresarios xa que estes fallos dificultan o seu traballo diario”, lamenta o presidente e voceiro municipal dos populares
- “Solicitamos tanto ao Concello de Trabada como a Telefónica que traballen para que se reestableza o normal funcionamento da fibra óptica o antes posible”, finaliza José María Fernández
Trabada, 26 de abril de 2022. O Partido Popular denuncia fallos na fibra óptica en Trabada. Esta situación levase dando desde esta fin de semana derivada dunha avería nunha escavación que está realizando o Concello na parroquia de Fórnea.
Ante esta situación, que aínda non está solucionada, o presidente e voceiro municipal do PP de Trabada, José María Fernández, lamenta que “o goberno municipal, coa a súa alcaldesa, Mayra García, á fronte, non se preocupen nin defendan os intereses dos empresarios xa que estes fallos dificultan o seu traballo diario”.
Polo tanto, “solicitamos tanto ao Concello de Trabada como a Telefónica que traballen para que se restableza o normal funcionamento da fibra óptica o antes posible”, finaliza José María Fernández.