Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte pide ao Concello o arranxo urxente do firme da Praza da Estación

O PP de Monforte pide ao Concello o arranxo urxente do firme da Praza da Estación. Será a través do rogo que os populares formularán esta tarde durante o pleno municipal, segundo adianta a voceira deste Grupo Municipal, Katy Varela.

A popular detalla así que en dito lugar existen “grande fochancas”, convertendo así este emprazamento nun “elemento de risco” para vehículos e peóns. Neste senso, segundo indica Varela, as fochas aumentaron nas últimas semanas.

“Agardamos que o equipo de goberno tome nota desta petición, xa que do que se trata é de evitar un mal maior”, apunta a popular. E é que os adoquíns desta Praza están visiblemente levantados. “É importante que o Sr. Tomé dea de xeito inmediato a orde de reparación, pois, de producirse algunha caída ou algún dano nos vehículos por mor do mal estado do firme, estaría sendo dobremente responsable da situación”, conclúe a voceira do PP.