Becerreá, 23 de abril de 2022.O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Becerreá a José Fernández Carrete(Becerreá, 1973). Fernández Carrete foi concelleiro de Cultura e Deportes cando o PP gobernou en Becerreá e foi Secretario Xeral dos populares becerrenses.
Este nomeamento xurde tras a renuncia do presidente da agrupación local, Miguel Cela González, e do consenso entre os afiliados e co propio presidente saínte nunha reunión celebrada en datas pasadas coa dirección provincial.
Fernández Carrete di que se dá un mes de prazo para ter totalmente conformada a xestora do partido. O seu obxectivo neste sentido é que nela teñan representación todas as sensibilidade do partido en Becerreá. Lembra que son membros nato da xestora os membros do grupo municipal, do que di que leva a cabo un gran labor de oposición ao goberno local, e que traballará de maneira coordinada e unida co mesmo.
O presidente da xestora sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Becerreá e estar preto dos veciños para defender os seus intereses. O obxectivo é que o PP chegue ás eleccións do 2023 forte e unido para conseguir un cambio de rumbo neste municipio.